Que a Comunidade Autónoma de Galicia, a través do SERGAS, é a única entidade que dispón dos medios necesarios para a prestación, no devandito ámbito territorial, dos servizos de atención primaria que os mutualistas e demais beneficiarios das citadas Mutualidades precisen. Por tanto, de acordo coa normativa reguladora, pode completar a asistencia sanitaria a cargo das entidades de seguro de asistencia concertadas, naquelas zonas rurais nas que estas non dispoñen de medios.
O Servizo Galego de Saúde, cos medios de que dispoña nas correspondentes Unidades Básicas de Saúde que xestiona, prestará os servizos sanitarios que se detallan na cláusula segunda a todos os mutualistas e demais beneficiarios de MUFACE, ISFAS e MUGEJU que se atopen adscritos ás Entidades de Seguro concertadas coas citadas Mutualidades e que residan nos municipios de ata 20.000 habitantes que se relacionan nos anexos I e II. Serán, así mesmo, usuarios destes servizos, os mutualistas e beneficiarios das citadas Mutualidades que, por razóns circunstanciais, atópense desprazados nos municipios de referencia.