Na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal ) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no programa de ensinanzas plurilingües na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria para o curso 2018/19.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2018 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os centros que desexen impartir o programa de plurilingüismo deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace: http://www.edu.xunta.es/programaseducativos