Plurinfantil (Programa plurilingüe no 2º ciclo de infantil) para o curso 2018/19


03 Abr, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil), para o curso 2018/19.

Na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no programa de ensinanzas plurilingües no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2018/19.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2018 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os centros que desexen impartir o programa de Plurinfantil deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.