DOG - RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2018/19.
Na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2018/19.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2018pe a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os centros que desexen impartir o programa de Pluribach deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.