BOE_Estancia profesional dun docente estranxeiro para o curso 2018/2019.


22 Mar, 2018

BOE_Resolución do 26 de febreiro de 2018, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan prazas para centros educativos de Educación Infantil e Primaria, Ensino Secundario, Formación Profesional ou de Ensinos de Réxime Especial que desexen acoller durante a súa estancia profesional, a un docente estranxeiro para o curso 2018/2019.

A presente resolución ten como obxecto a elaboración dunha relación de centros educativos que desexen acoller a profesorado de Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, República de Irlanda ou Suíza para a realización de Estancias Profesionais no conxunto do territorio do Estado español.

Este programa ten como finalidade, para os centros educativos, reforzar o conxunto de accións destinadas a favorecer intercambios culturais, coñecer outras metodoloxías, así como fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a participación en programas educativos europeos.

Os centros educativos interesados en participar neste programa poderán facelo nunha destas dúas modalidades:

Modalidade A. Como centro de acollida para un docente xa identificado, procedente dalgún dos países incluídos nesta resolución, e que estea a participar nun programa de mobilidade profesional no seu país de orixe.

Modalidade B. Como centro que desexa acoller a un docente dalgún destes países e que, no caso de haber demanda, lle sexa asignado a través deste procedemento.

En ningunha das dúas modalidades recibirase axuda ou compensación económica.

Solicitudes. Os centros educativos que reúnan os requisitos esixidos e desexen tomar parte no presente procedemento, deberán solicitalo mediante a instancia accesible por internet na sede electrónica do MECD, dirección https://sede. educacion. gob.es/portada.html, sección «Trámites e Servizos».

O prazo de presentación de solicitudes e documentación acreditativa será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación da presente resolución.

180322_estanprofextr