Probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega CELGA


13 Mar, 2018

DOG RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018

Datas de realización das probas:

  • Celga 4: 26 de maio de 2018.
  • Celga 2: 27 de maio de 2018.
  • Celga 3: 2 de xuño de 2018.
  • Celga 1: 3 de xuño de 2018.

Localidades onde se van realizar as probas e niveis: Santiago de Compostela e Ponferrada

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo ED114A, que se publica como anexo I desta resolución, e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. Deberán indicar nel a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada nos puntos sexto e sétimo será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Contía das taxas de exame: 15,93€

Os resultados provisionais das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), no prazo máximo de dous meses desde a súa realización.

A duración das probas é a seguinte:

– Probas do Celga 1: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

– Probas do Celga 2: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

– Probas do Celga 3: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e media e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

– Probas do Celga 4: a proba escrita terá unha duración de tres horas e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

 

 

 

 

180313_probascelgas