Programa GALIMIENS de intercambio de alumnado con centros educativos da Académie d'Amiens (Francia)


27 Feb, 2018

Resolución do 20 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dirixida a centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se regula a convocatoria pública para participar no programa GALIMIENS de intercambio de alumnado con centros educativos da Académie d’Amiens (Francia) durante o ano 2018. 

O alumnado participante deberá estar cursando 3º ou 4º da ESO e ter lingua francesa como primeira ou segunda lingua estranxeira.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación no Portal Educativo.

Resolución do 20 de febreiro de 2018