OPOSICIÓNS_Real Decreto 84/2018, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro


24 Feb, 2018

Real Decreto 84/2018, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, e regúlase o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimoséptima da citada lei.

Artigo único. Modificación do Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, e regúlase o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimoséptima da citada lei, aprobado por Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro.

Os procedementos selectivos de ingreso que se realicen en execución das ofertas públicas de emprego que, ao amparo do disposto no apartado 6 do artigo 19.un da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017, sexan aprobadas polas distintas Administracións Educativas e publicadas nos respectivos “Diarios Oficiais” nos exercicios de 2017 a 2019, axustaranse ás seguintes indicacións:

1) O número de temas extraídos, de forma proporcional ao número total de temas do temario de cada especialidade, axustarase aos seguintes criterios:

a) Naquelas especialidades que teñan un número non superior a 25 temas, deberá elixirse entre tres temas.
b) Naquelas especialidades que teñan un número superior a 25 temas e inferior a 51, deberá elixirse entre catro temas.
c) Naquelas especialidades que teñan número superior a 50 temas, deberá elixirse entre cinco temas.

2) Na fase de concurso (Máximo 10 puntos) os baremos que fixen as convocatorias estruturaranse nos tres bloques que se indican a continuación, sendo as puntuacións máximas que poden obterse en cada un deles as seguintes:

– Experiencia previa: Máximo sete puntos.

– Formación académica: Máximo cinco puntos.

– Outros méritos: Máximo dous puntos.

3) A puntuación global do concurso-oposición resultará da ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso, sendo dun 60% para a fase de oposición e dun 40% para a fase de concurso.

 

180224_rd84_2018opos