ANPE Galicia estrea nova páxina web


25 Xan, 2018

No seu esforzo por ofrecer os mellores servizos profesionais a todo o profesorado galego en xeral e aos seus afiliados en particular, ANPE Galicia estrea unha nova páxina web.
Máis dinámica, máis intuitiva, cun aspecto máis moderno e atractivo pero igual de completa e con toda a información exclusivamente profesional.
Atopa rapidamente e cun só click a información que estás a buscar relacionada co Ensino Público na nosa comunidade e tamén fora dela: Concurso deTraslados, Bolsas de traballo, Listaxes de interinos, Lexislación, Cursos de formación, etc.
¡Mellorando por ti, xuntos podemos máis!