Certame Cooperativismo no ensino


19 Xan, 2018

ORDE do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia.

O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Poden presentarse traballos nas seguintes modalidades:

a) Actividades artísticas, tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías e/ou vídeos, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.

b) Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.

c) Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

O prazo de presentación das solicitudes e traballos comeza ao día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2018.

180119_cooperativismo