PENSIÓNS DE XUBILACIÓN de Clases Pasivas para o ano 2018
1.DETERMINACIÓN INICIAL DAS PENSIÓNS DO RÉXIME DE CLASES PASIVAS DO ESTADO.
R. D 1079/2017 do 30 de decembro, sobre revalorización e complementos de pensións de Clases Pasivas para o ano 2018 (BOE 31 de decembro) determina os seguintes haberes reguladores:
Haber regulador: A1 40.561,32 €/ano
A2 31.933,78 €/ano
2. CÁLCULO DA PENSIÓN NO RÉXIME DE CLASES PASIVAS As pensións de Clases Pasivas calcúlanse aplicando unhas porcentaxes que están en función do número de anos de servizos prestados, a unhas cantidades que se denominan Haberes Reguladores e que están en función do grupo no que estea encadrado o corpo ao que pertence o funcionario. (Ver táboa arriba)
3. LÍMITACIÓN DO SINALAMENTO INICIAL DAS PENSIÓNS PÚBLICAS O importe para percibir non poderá superar, durante o ano 2018, a contía íntegra de 2.580,12 euros mensuais, sen prexuízo das pagas extraordinarias que puidesen corresponder ao seu titular, cuxa contía tamén estará afectada polo citado límite. O límite anual sería 36.115,80 euros/ano. No caso de que nun mesmo titular concorran unha ou varias pensións de Clases Pasivas con outra ou outras pensións públicas, o valor da pensión ou conxunto de pensións de Clases Pasivas terá como límite unha cifra que garde coa de 36.115,80 euros íntegros anuais a mesma proporción que dita pensión ou pensións teñan co conxunto total de pensións públicas que perciba o seu titular.
4. REVALORIZACIÓN E MODIFICACIÓN DOS VALORES DAS PENSIÓNS PÚBLICAS As pensións experimentarán no ano 2018 un incremento do 0,25% sobre a contía mensual íntegra que percibise ou lle correspondese percibir ao seu titular ao 31 de decembro de 2017.