Mediante o Decreto 52/2006, do 30 de marzo, modificouse parcialmente o Decreto 43/1989, do 2 de marzo, polo que se transforman os centros de ensinanzas integradas en institutos de educación secundaria e profesional e en centros residenciais docentes, e estableceuse que á fronte do centro residencial docente haberá unha dirección, nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O. U, por un período de catro anos, renovable por períodos de igual duración, seleccionada previamente por concurso público de méritos entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas non universitarias.
O prazo para presentar de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas á Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
As persoas que concursen presentarán unha instancia seguindo o modelo que se publica como anexo I, xunto cunha folla de autobaremación que aparece como anexo II, e simultaneamente presentarán para a demostración dos méritos os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo III.
Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ao posto que se solicita, tendo en conta as características deste, cunha extensión máxima de 30 folios.