PIALE 2024 - Resolución provisional


03 Mai, 2024

WEBResolución Provisional de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2024

>> Prazo de cinco días hábiles (ata o 10 de maio) para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da comisión.

>> As reclamacións ou renuncias deberán presentarse electronicamente entrando en A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2024, código do procedemento ED305F, e premer en Accións , na opción Alegacións ou Renuncia, segundo corresponda. Ao premer en Alegacións, poderán achegar a documentación que consideren. 

Unha vez que a reclamación sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.

1.  Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria

2. Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria e formación profesional

3. Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato

4. Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

5. Actividade 5. Integración inglés para profesorado CLIL de FP

6. Actividade 6. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria e FP

7. Actividade 7. Integración en lingua francesa para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria e FP

8. Actividade 8. Inglés para profesorado especialista de primaria.

9. Actividade 9. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EOI

10. Actividade 10. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

11. Actividade 11. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, agás EOI

12. Actividade 12. Francés para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

13. Actividade 13. Portugués para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

14. Actividade 14. Alemán para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE.