Resolución definitiva listas de música e artes escénicas


25 Abr, 2023

WEBResolución do 24 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesorado de música e artes escénicas (594) (código de procedemento ED003A).

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.

>> Baremo definitivo especialidades corpo 594 (agás 594443)

>> Listaxe definitiva de persoas excluídas corpo 594 (agás 594443)

>> LIGAZÓN a todo o proceso