Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2023


17 Xan, 2023

DOGRESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2023

Organizado pola EGAP ( Escola Galega de Administración Pública)

1. Poderán optar ao premio nenos e nenas de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

2. Presentación electrónica (código de procedemento PR775A) ou en papel.

3. Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

4. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes.

5. Premios:  250€   200€   150€