ANPE reclama o momento do ensino público e do seu profesorado


13 Out, 2022

WEB - ANPE esixe ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, e ás Comunidades Autónomas un compromiso firme e decidido polo Ensino Público e o seu Profesorado.

É fundamental que o Ministerio de Educación en colaboración coas CCAA, desenvolvan a Disposición Adicional Sétima da LOMLOE e así se estableza: Unha LEI DA PROFESIÓN DOCENTE, na que se regulen os dereitos, deberes, un código deontolóxico da profesión docente, a formación inicial e os requisitos mínimos para impartir docencia.

E un ESTATUTO DA FUNCIÓN PÚBLICA DOCENTE, que regule desde o acceso á condición de funcionario docente ata un modelo de xubilación anticipada. Establecendo unha carreira profesional e a equiparación das condicións laborais do profesorado en todas as CCAA, reforzando o carácter estatal dos corpos docentes. Esta normativa debe fixar e recoller as seguintes medidas:

  • Retribucións e equiparación salarial. Os docentes somos un corpo estatal e non cabe discriminación salarial nin diferenzas na retribución polas funcións que realizamos nas distintas Comunidades Autónomas. É imprescindible tamén, e agora máis necesario que nunca, establecer unha cláusula de revisión salarial en función do IPC, e así, evitar a perda de poder adquisitivo.
  • Horario lectivo do profesorado. ANPE foi o único sindicato que esixiu á Ministra fixar un horario lectivo do profesorado máximo para todo o Estado, de tal maneira que non poida superar as 21 horas lectivas para os ensinos de Infantil e Primaria, e de 18 horas lectivas para o resto de ensinanzas, e evitar grandes diferenzas entre CCAA.
  • Ratios de alumnado por aula. É necesaria unha redución do número máximo por aula: máximo de 15 alumno/as en 3 anos e 18 alumna/os en 4 e 5 anos, 20 alumnos en Primaria, 25 alumnos en Secundaria e Bacharelato, e unha redución dun 20% no resto de ensinanzas.
  • Corpos docentes: Inclusión de todos os docentes, con titulación universitaria, no grupo funcionarial A1, mantendo os corpos docentes e establecendo mecanismos de equiparación salarial.
  • Conciliación familiar e laboral do profesorado. É necesaria unha equiparación dos permisos, licenzas e excedencias do profesorado en todo o Estado, ademais de acabar coa discriminación existente con outros empregados públicos. Tamén esiximos o establecemento de axudas sociais para o profesorado como matrícula gratuíta na Universidade e nos centros de réxime especial, axudas de gardería, comedor e de estudos para os nosos fillos, etc.
  • Formación inicial e permanente do profesorado. Unha formación inicial e requisitos para impartir docencias similares en todos os corpos docentes que permita a integración de todos eles no máis alto grao funcionarial. Respecto a a formación permanente do profesorado, debe ser gratuíta e en horario lectivo.
  • Redución da burocracia. Hai que reducir drasticamente a burocracia que sufrimos os docentes que non parou de aumentar nos últimos anos, fundamentalmente no momento actual co desenvolvemento da LOMLOE, agora máis que nunca é necesario esixir menos burocracia e máis docencia.
  • Interinos. Estabilidade de personal e novo sistema de acceso aos corpos docentes. É necesario dar estabilidade ao persoal dos centros a través de amplas ofertas de emprego público. Á súa vez, hai que cambiar o actual sistema de concurso-oposición por outro máis obxectivo, con temarios oficiais con contido e probas máis obxectivas. Cunha valoración da experiencia docente ata o máximo permitido pola legalidade e eximir da fase de prácticas a aqueles docentes que xa desempeñaron o seu labor docente como interinos durante un tempo mínimo.
  • Movilidad do profesorado. Ademais das convocatorias de Concurso Xeral de Traslados de carácter estatal, deben regularse convocatorias de comisións de servizo, válidas para todo o territorio nacional e de “concursillo”.
  • Carreira profesional e xubilación anticipada. É imprescindible regular unha carreira profesional, con recoñecemento económico e administrativo, baseada en criterios obxectivos. Hai que potenciar a convocatoria en todas as CCAA de prazas de acceso a cátedras ata chegar ao 30% do persoal. É imprescindible tamén fixar un modelo de xubilación anticipada con carácter específico ao noso sector e asegurar a súa continuidade.
  • Plan de mellora da convivencia e autoridade docente. É necesario establecer un Plan de mellora da convivencia nos centros que sirva de marco para todas as CCAA, ademais dunha normativa nacional con rango de Lei que desenvolva o recoñecemento de autoridade pública do profesorado no exercicio da súa función.
  • Papel dos claustros. Os Claustros deben recuperar o seu protagonismo e asumir máis competencias no goberno e toma de decisións dos centros educativos, por exemplo, elixindo á dirección.