CADP 2022 - Resolución provisional de destinos dos corpos de SECUNDARIA


27 Xul, 2022

WEB - Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes de secundaria para o curso académico 2022/23

O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional é o comprendido entre os días 28 e 29 de xullo de 2022, ambos incluídos.

As reclamacións á resolución provisional do concurso formularanse, de conformidade coas instrucións que figuran na páxina de inicio de CADP, en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse, de conformidade coas instrucións que figuran na páxina de inicio de CADP.

As instrucións para formular correctamente tanto as ditas reclamacións como as ditas renuncias estarán dispoñibles na páxina de inicio de CADP (https://www.edu.xunta.gal/cadp/) a partir de mañá, día 28 de xullo de 2022.

 

A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é o 2 de agosto de 2022.