Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP


06 Xul, 2022

DOG - RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2022/23.

Cuarto. Perda do dereito á avaliación continua

Oitavo. Horario do profesorado de centros públicos

Noveno. Titoría de ciclos

Décimo quinto. Alumnado repetidor dun ciclo de formación profesional básica

Disposición adicional segunda. Elección de horarios nos centros públicos con ensinanzas de formación profesional

O adiantamento ao mes de xuño das probas finais da convocatoria extraordinaria que en cursos anteriores se facían no mes de setembro permite que os centros de educación secundaria poidan adiantar a organización e a planificación do vindeiro curso 2022/23.

De conformidade co anterior, coa finalidade de determinar durante o mes de xullo as necesidades de profesorado que se precisarán no centro para o vindeiro curso, así como de que os centros dispoñan de máis tempo para a organización e a planificación do curso, e de que o profesorado coñeza con maior antelación os módulos profesionais ou, no caso dos ciclos de grao básico, os ámbitos que terá que impartir no vindeiro curso, os centros docentes realizarán, antes do día 15 de xullo de 2022, unha distribución provisional de módulos profesionais e/ou ámbitos e, de ser o caso, quendas para o curso 2022/23, de acordo cos criterios establecidos na lexislación vixente.

2. A dirección do centro enviará antes do día 20 de xullo de 2022 ao Servizo Territorial de Inspección Educativa unha síntese das necesidades de profesorado a partir da distribución provisional realizada. O dito servizo comprobará a súa adecuación á normativa vixente.

3. A partir do 1 de setembro de 2022 os centros docentes realizarán as actuacións referidas á elección de horarios que se establece na lexislación vixente e, se non houber ningunha xustificación motivada que o impida conforme a normativa de aplicación, confirmarán a distribución provisional de módulos profesionais e/ou ámbitos e, de ser o caso, quendas entre o persoal que forma parte dos departamentos.