Relación definitiva de listas EOI de árabe, italiano, portugués e ruso


30 Set, 2022

WEBRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitiva das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas de idiomas (592)

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas (esp. 592002, 592012, 595015 e 592017) 

Baremo definitivo especialidade árabe (592002) 

Baremo definitivo especialidade italiano (592012) 

Baremo definitivo especialidade portugués (592015) 

Baremo definitivo especialidade ruso (592017)

Resolución definitiva do 30 de setembro de 2022

De acordo co disposto na base oitava da convocatoria pola que se acordou a apertura do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións, contra esta resolución, que lle pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), un recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade https://www.edu.xunta.gal, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, a contar dende a mesma data, ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.