Ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt)


17 Xun, 2022

DOG RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2022/23.

Enténdese por ciclo plurilingüe o ciclo formativo que cumpra o requisito de impartir en lingua estranxeira un ou máis módulos profesionais, tanto no primeiro curso do ciclo como no segundo.

Para poderen impartir os ciclos formativos plurilingües, as escolas de arte e superiores de deseño deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Comprometerse a desenvolver os ciclos formativos plurilingües cando menos durante dous anos, de tal xeito que o alumnado que se incorpore no primeiro curso poida completar os dous cursos do ciclo formativo.

b) Iniciar os ciclos formativos plurilingües no primeiro curso destes ciclos.

c) Dispor de profesorado cualificado para impartir os módulos en lingua estranxeira.

O profesorado que participe neste programa de innovación educativa recibirá un certificado acreditativo ao remate de cada curso escolar, cunha equivalencia de 50 horas de formación do profesorado para aquel que imparta módulos en lingua estranxeira, e con independencia do número de módulos impartidos e do número de ciclos plurilingües.

Cada escola de arte e superior de deseño deberá enviar unha única solicitude segundo o anexo, asinada polo/a director/a, dirixida ao director xeral de Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 14 de xullo de 2022.

ANPE demanda aumento de persoal docente e medios para levar a cabo estes programas