Currículo de Técnico Deportivo Superior de Baloncesto


27 Nov, 2017

 DECRETO 118/2017, do 5 de outubro, polo que se establece o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Baloncesto.

 
   A competencia xeral do ciclo de grao superior en Baloncesto consiste en construír equipos de baloncesto, así como programar e dirixir o adestramento deportivo orientado á obtención e mantemento do rendemento en deportistas e equipos; organizar e dirixir a participación destes/as en competicións de alto nivel; exercer a dirección técnica e coordinar a intervención de persoal técnico especialista e as súas relacións coa dirección deportiva e a directiva do club; programar e coordinar as tarefas do persoal técnico ao seu cargo; organizar competicións propias da iniciación e tecnificación deportiva; deseñar programas individuais de alta tecnificación para xogadores ou xogadoras de baloncesto; e todo iso de acordo cos obxectivos establecidos, o nivel óptimo de calidade e en condicións de seguridade.
 
   Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, centros de alto rendemento e clubs deportivos e sociais, centros educativos, empresas de servizos deportivos, que ofrezan actividades deportivo-recreativas de alto rendemento en baloncesto. 
171127_csbal