FP - convocatoria ciclos formativos plurilingües para o curso 2022/23


12 Mai, 2022

WEBRESOLUCIÓN do 6 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües para o curso 2022/23, no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia.

Na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.es/fp estarán dispoñibles a regulación e a convocatoria dirixida aos centros para participar nos ciclos formativos plurilingües para o curso 2022/23.

Resolución do 9 de maio de 2022

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de xuño de 2022. 

Os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.