Comisións de servizo por motivos de SAÚDE


14 Abr, 2022

WEB - Apertura do prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2022/23.

O prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde é do 19 de abril de 2022 ao 2 de maio de 2022, ambos incluÍdos.

>> Para formular unha SOLICITUDE de comisións de servizos deberá ACCEDER ao enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

 

Ligazón á normativaOrde de 28 de febreiro de 2020 (DOG do 9 de marzo de 2020)

Documentación:

- Informe actualizado do persoal médico de atención primaria e/ou especialista acreditativo da enfermidade/s alegada/s. Enténdese por informe actualizado o que estea emitido no ano no que se realiza a solicitude

- Copia da resolución administrativa de recoñecemento de grao de discapacidade do persoal docente solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia, para aquelas circunstancias en que sexa de aplicación

No suposto de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde dunha persoa familiar achegarase ademais:

- Certificación literal ou copia do libro de familia actualizado

- Certificado de empadroamento colectivo da persoa solicitante

- Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia

LIGAZÓNS de utilidade:

 >> CATÁLOGO de UNIDADES, POSTOS E XORNADA dos CEIP, CEP e CEE

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

 >> BUSCADOR DE CENTROS

 >> Aplicación CENTROSEDUCATIVOS (calcular distancias en móvil o tablet)