Convocatoria bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach)


04 Abr, 2022

DOG RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2022/23.

Na web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2022/23. LIGAZÓN á resolución 

prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2022 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. 

Os centros que desexen impartir o programa de Pluribach deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos

Máis información en: Resolución do 2 de abril de 2018 pola que se regula o programa plurilingüe en Bacharelato (Pluribach)