Persoal interino e substituto - Aberto o prazo para actualización de expediente


21 Mar, 2022

WEB - Aberto o prazo para ACTUALIZACIÓN DE EXPEDIENTE para o persoal INTERINO/SUBSTITUTO na aplicación de datospersoais

A Consellería ven de enviar un correo electrónico a todo o persoal interino/substituto avisando de que ata o día 1 de abril de 2022 está aberto o prazo para que o persoal funcionario interino/substituto poida actualizar e/ou modificar o seu expediente persoal mediante o procedemento ED011A.

A actualización e/ou modificación do seu expediente persoal neste prazo permitíralle ter actualizado o seu expediente para os efectos de baremación en futuros procesos selectivos que poida convocar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

>> Para poder actualizar e/ou modificar o expediente persoal deberá acceder a aplicación de DATOSPERSOAIS: LIGAZÓN

1. Acceder á páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais

2. Identificarse mediante calquera dos mecanismos permitidos: correo de dominio edu.xunta.gal e contrasinal, Chave 365 ou certificado electrónico.

3. Premer na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú)

4. Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de méritos marzo 2022 e premer no botón CREAR NOVA INSTANCIA

5. Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións. Neste paso deberá engadir na aplicación con cada alegación o documento xustificativo desta.

6. Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela "Presentación en sede" cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. A solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática.