ANPE e a Fundación Telefónica firman un acordo para formar aos docentes en competencias dixitais.


25 Feb, 2022

 

WEBANPE e a FUNDACIÓN TELEFÓNICA ASINAN UN ACORDO PARA FORMAR AOS DOCENTES EN COMPETENCIAS DIXITAIS

O acordo de colaboración impulsará a formación, actualización, perfeccionamento, promoción e orientación profesional do profesorado. A firma, contou coa presenza de José Francisco Venzalá González, presidente nacional de ANPE e Carmen Morenés, directora xeral de Fundación Telefónica.

Con este convenio, os docentes poderán acceder a unha serie de formacións en liña e gratuítas que impulsarán as competencias dixitais a través do programa de formación "Conecta Emprego”, que conta cun catálogo con máis de 30 MOOC gratuítos que ofrecen formación en innovación educativa, metodoloxías didácticas, habilidades dixitais, valores na era dixital ou programación e robótica, entre os que se atopan: ‘Xestión para directoras e directores‘; ‘ Neurodidáctica‘; ‘Creatividade e innovación‘; ‘Converte alumnos en booktubers‘; ‘Competencias dixitais docentes‘; ‘Introdución á gamificación‘; ‘ Flipped classroom‘; ‘Aprendizaxe baseada en proxectos‘; ou ‘Ciberseguridade na aula‘.

Esta iniciativa reafirma o compromiso de ambas as partes para impulsar a formación, actualización, perfeccionamento, promoción e orientación profesional do profesorado a través da formación dixital, a promoción do emprendemento e o desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas, colaborativas e sociais.