Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na especialidade de EDUCACIÓN INFANTIL


10 Feb, 2022

WEBListaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de mestres, especialidade de Educación Infantil

Resolución do 10 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de mestres (597), especialidade 031_ Educación Infantil.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

Listaxe definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (597), especialidade 031_Ed. Infantil