Alumnado BACH - Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras


31 Xan, 2022

DOGORDE do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Prazo de presentación de solicitudes: Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que estea cursando durante o curso 2021/22, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato.

Nº de prazas: 525. (Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar.