Relación provisional de persoas admitidas en varias listas de SECUNDARIA (590122, 124 e 125)


12 Xan, 2022

WEB - Resolución do 11 de xaneiro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de procesos e produtos en artes gráficas (590122), sistemas electrónicos (590124) e sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario.

As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.

Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas para cobertura de interinidades e substitucións(esp.590122, 590124 e 590125)

Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 590122)

Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 590124)

Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 590125)

Anexo I