Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nas listas de CORDA, FRAUTA de BICO e GUITARRA


25 Nov, 2021

WEB - Resolución do 25 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco (594417) e de frauta de bico (594411) e no corpo catedráticos de música e de artes escénicas, especialidade de guitarra (593035)

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

Resolución do 25 de novembro de 2021 

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións ( 593035 e 594417)

Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (593035, 594411 e 594417)