Currículo de Técnico deportivo en Piragüismo de augas bravas e outros


20 Nov, 2017

 
 DECRETO 109/2017, do 28 de setembro, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

1. O título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas terá como especializacións:

a) Piragüismo escolar.

b) Estilo libre.

c) Piragüismo adaptado de augas bravas.

d) Ráfting.

2. O título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas terá como especializacións:

a) Piragüismo escolar.

b) Piragüismo adaptado de augas tranquilas.

c) Surf ski.

d) Dragón boat.

3. O título de técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas terá como especializacións:

a) Piragüismo escolar.

b) Estilo libre.

c) Piragüismo recreativo en augas bravas adaptado.

d) Balsas pneumáticas en alta dificultade.

e) Kaiak extremo.

   
   Ciclo inicial de grado medio en Piragüismo: este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa na Administración xeral do Estado, nas administracións autonómicas ou nas locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións e clubs deportivos e sociais, escolas de piragüismo, centros educativos, empresas de servizos de actividades extraescolares, casas de colonias, que ofrezan actividades deportivo-recreativas de descubrimento e iniciación en piragüismo.
 
 a) Monitor ou monitora de iniciación deportiva ao piragüismo,  b) Piragüista de seguridade en actividades de iniciación deportiva ao piragüismo ou c) Auxiliar de control de competicións de piragüismo.
 
171120_fppira