Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas na lista de interinidades de ITALIANO


19 Nov, 2021

WEB - Resolución do 19 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de italiano do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592012)

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

 

Resolución do 19 de novembro de 2021

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

Baremo definitivo