Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para as listas de SECUNDARIA


29 Out, 2021

WEB  - Resolución do 29 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de profesores de ensino secundario (590), profesores técnicos de formación profesional (591) e profesores de escolas oficias de idiomas (592).

- Resolución do 29 de outubro de 2021

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. 

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

- Listaxe definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (590, 591 e 592)