Listaxes provisionais de admitidos e excluidos das listas do corpo de MÚSICA e ARTES ESCÉNICAS


28 Out, 2021

WEB - Resolución do 27 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e de artes plásticas e deseño (595)

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente, ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. 

Non se admitirán as alegacións formuladas mediante correo electrónico.

As listaxes provisorias de persoas admitidas poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

Resolución do 27 de outubro de 2021

Listaxe provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (corpos 594 e 595)