CXT 2021/22 - Data prevista de publicación no DOG o 8 de novembro


26 Out, 2021

WEB - ANPE informa que a data prevista de publicación da Orde do CXT no DOG sería o día 8 de novembro e as datas de participación entre o 9 e o 29 de novembro ambos inclusive, sempre e cando se publique neste día.

NOVIDADES

- Concurso Xeral de Traslados AUTONÓMICO, so entre persoal da comunidade e pechado aos de fóra.

- Entrega OBRIGATORIA por sede electrónica

Borrador da ORDE do .... de outubro de 2021 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación(código de procedemento ED012A)