NOVO sitio WEB DE ANPE GALICIA para a formación do profesorado


04 Out, 2021

WEB - NOVA WEB DE ANPE GALICIA PARA A FORMACIÓN DO PROFESORADO

ANPE Galicia no seu compromiso de aportar ao profesorado galego un conxunto de servizos para a mellora do labor docente, presenta o seu novo sitio web de formación do profesorado. Este espazo proporcionará unha serie de actividades de formación homologadas por administracións públicas e institucións educativas de prestixio que tratarán contidos directamente relacionados co noso traballo diario. Unha oferta formativa actual, profesional e de calidade na que participarán especialistas e ponentes do ámbito educativo galego e nacional.

Podes visitarnos xa en:

www.cursosanpegalicia.es