Composición dos Tribunais para o acceso aos corpos de CATEDRÁTICOS de secundaria


01 Set, 2021

DOG - RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais encargados da selección das persoas aspirantes no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas, convocados pola Orde do 4 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia, do 22 de xuño).

Logo da convocatoria da presidencia constituiranse os tribunais no prazo máximo de cinco días hábiles desde a súa publicación no DOG, e será precisa a asistencia do presidente ou presidenta titular ou, se é o caso, do ou da suplente, e de, polo menos, a metade máis un dos vogais, titulares ou suplentes.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e co artigo 59.2 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

Os tribunais terán dereito ás indemnizacións, por razón do servizo, previstas na normativa vixente.