Real Decreto-lei 14/2021 para a redución da temporalidade no emprego público


07 Xul, 2021

BOEReal Decreto-lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Artº 10.2 Os procedementos de selección do persoal funcionario interino serán públicos, rexéndose en todo caso polos principios de igualdade, mérito, capacidade e celeridade, e terán por finalidade a cobertura inmediata do posto. O nomeamento derivado destes procedementos de selección en ningún caso dará lugar ao recoñecemento da condición de funcionario de carreira.

Disposición adicional decimoséptima. Medidas dirixidas ao control da temporalidade no emprego público

O incumprimento do prazo máximo de permanencia dará lugar a unha compensación económica para o persoal funcionario interino afectado, que será equivalente a vinte días das súas retribucións fixas por ano de servizo, prorrateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, ata un máximo de doce mensualidades. O dereito a esta compensación nacerá a partir da data do cesamento efectivo e a contía estará referida exclusivamente ao nomeamento do que traia causa o incumprimento. Non haberá dereito a compensación no caso de que a finalización da relación de servizo sexa por causas disciplinarias nin por renuncia voluntaria.

Artículo 2. Procesos de estabilización de emprego temporal.

As ofertas de emprego que articulen os procesos de estabilización contemplados no apartado 1, así como o novo proceso de estabilización, deberán aprobarse e publicarse nos respectivos diarios oficiais antes de 31 de decembro de 2021 e serán coordinados polas Administracións Públicas competentes.

A publicación das convocatorias dos procesos selectivos para a cobertura das prazas incluídas nas ofertas de emprego público deberá producirse antes de 31 de decembro de 2022.

A resolución destes procesos selectivos deberá finalizar antes de 31 de decembro de 2024.

A taxa de cobertura temporal deberá situarse por baixo do oito por cento das prazas estruturais.

Disposición final segunda. Adaptación da normativa do persoal docente e do persoal estatutario e equivalente dos servizos de saúde. No prazo dun ano desde a entrada en vigor deste real decreto-lei procederase á adaptación da normativa do persoal docente e do persoal estatutario e equivalente dos servizos de saúde ao disposto no artigo 10, 11 e na disposición adicional décimo séptima do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, de acordo coas peculiaridades propias do seu réxime xurídico. Transcorrido devandito prazo sen que se produza a citada adaptación da lexislación específica serán de plena aplicación a este persoal as previsións contidas nos citados preceptos do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.