OPOSICIÓNS 2020 - Nova Modificación de datas, horas, lugares dos tribunais e Distribución dos aspirantes


17 Xun, 2021

WEB Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso aos diferentes corpos da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), modificada pola orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro de 2021) e pola orde do 5 de marzo de 2021 (DOG do 16 de marzo de 2021), polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a primeira proba.

 >> Datas, horas e lugares de actuación dos tribunais cualificadores

 >> 11/06 - Modificación da Resolución pola que se anuncian as datas, horas e lugares de actuación dos tribunais

 >> 14/06 - Nova Modificación de datas, horas e lugares de actuación dos tribunais

 >> 17/06 - Cambio de sede dos tribunais 6 e 7 da especialidade de Audición e Linguaxe en Ourense

 

No caso daqueles tribunais que durante o proceso selectivo vaian a actuar nun lugar distinto ao previsto nesta resolución, publicarán na páxina web www.edu.xunta.gal/oposicions o lugar de actuación.

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nos procedementos selectivos de acceso aos diferentes corpos da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).

>> Distribución persoas aspirantes por tribunal (Primaria)

>> Distribución persoas aspirantes por tribunal (Secundaria)

>> Corrección de erros. Resolución do 10 de xuño de 2021 (Distribución persoas aspirantes por tribunal)