Bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2021/22


24 Mai, 2021

DOG - RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2021/22.

Na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2021/22.

Resolución do 11 de maio de 2021 coa información

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os centros deberán cubrir a solicitude que figura no anexo I da convocatoria e dirixila á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.