Acceso ao CORPO DE CATEDRÁTICOS - datas de sorteo e composición dos tribunais


21 Mai, 2021

DOG - RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a data do sorteo e a composición dos tribunais cualificadores do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.

No corpo de catedráticos de ensino secundario constituiranse catro tribunais.

O sorteo público terá lugar o día 3 de xuño de 2021, ás nove horas, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O sorteo poderá ser seguido, a través de medios telemáticos, polas organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.

Cando sexa posible en función do número de catedráticos da especialidade, quedará excluído do sorteo o persoal funcionario de carreira do corpo de catedráticos que saíu no sorteo celebrado o día 29 de abril de 2021, para a constitución dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso aos corpos docentes convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020.

O persoal aspirante que participa por máis dunha especialidade será avaliado polo tribunal correspondente á especialidade da praza da que é titular no curso académico 2020/21, trasladándose a puntuación a todas as especialidades polas que participa.