Centros e postos de especial dificultade


17 Nov, 2017

  ORDE do 6 de novembro do 2017 pola que se actualizan os anexos da Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia.
 
   

Os anexos da Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos de especial dificultade quedan substituídos polos que se publican na presente orde.

Disposición adicional única. Entrada en vigor de determinadas escolas unitarias e unidades específicas de educación especial

As escolas unitarias e as unidades específicas de educación especial que non estaban incluídas nos anexos da Orde do 18 de outubro de 2010 terán a consideración de centros de especial dificultade para os efectos da baremación no concurso de traslados desde o día 1 de setembro do curso académico no cal se converteron en escolas unitarias ou no cal foron creadas.

Disposición derradeira única. 

Esta orde entrará en vigor o día 1 de setembro de 2017.

171117_centros