Primeiro. Facer públicas as listaxes provisionais das axudas aprobadas e denegadas polos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2016 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública: ENLACE á web
Para o coñecemento íntegro do acto os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.
Segundo. Contra a resolución provisional dos expedientes os/as interesados/as poderán presentar reclamación e, de ser o caso, emendar os defectos causantes da exclusión provisional, no prazo de dez díaz hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.