Concurso de Orientación


14 Nov, 2017

  
   ORDE do 3 de novembro de 2017 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería.
 
      A instancia farase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt
 

Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es polo que quen non a teña deberá solicitala a través do secretario do centro á UAC no teléfono 881 99 77 01.

   A instancia dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
   En todo caso, o persoal participante no concurso que alegue méritos nos puntos 6.1 e 6.3 do anexo I imprimirá a folla correspondente a estes méritos da aplicación informática e xunto cos documentos xustificativos, remitiraa, dentro do prazo establecido na base común sétima, á comisión avaliadora sita na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa da Besada, San Lázaro 107, código postal 15703.
 
   O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. ( do 15 ao 5 de decembro)
 
   10 días naturais para reclamacións e renuncias unha vez publicada a resolución provisional. 
 
     ENLACE para participar
 
171114_concori