OPOSICIÓNS 2016 - Nomeamento Funcionarios de Carreira


13 Nov, 2017

    
   Orde ECD/1092/2017, do 30 de outubro, pola que, a proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Comunidade Autónoma de Galicia, noméanse funcionarios de carreira do Corpo de Mestres aos seleccionados no procedemento selectivo convocado por Orde do 4 de abril de 2016.
 
   Nomear funcionarios de carreira do Corpo de Mestres, aos seleccionados no procedemento selectivo convocado por Orde do 4 de abril de 2016, que aparecen relacionados no anexo a esta orde, con indicación do Número de Rexistro de Persoal, especialidade e puntuación que lles corresponde.
 
   Os nomeados a través da presente orde consideraranse ingresados como funcionarios de carreira do Corpo de Mestres, con efectos do 1 de setembro de 2017. 
   
   A presente orde poderá ser recorrida potestativamente en reposición, no prazo dun mes e ante o mesmo órgano que a ditou.
Así mesmo, contra esta orde que é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional no prazo de dous meses.
171113_funcmaestros