Concurso Xeral de Traslados
Luns 06/11/2017
DOG - Orde do 24 de outubro de 2017 (DOG) pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.
O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas. Do 7 ao 27 de novembro.
Nas especialidades de Educación Infantil, Primaria, Ciencias Sociais do corpo de mestres, nas de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e en todas as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario referentes á formación profesional específica e en todas as especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional será requisito imprescindible estar en posesión do certificado de lingua galega (Celga 4), ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou ter o nivel avanzado da escola oficial de idiomas. Para estes únicos efectos entenderase que reúnen este requisito os que superasen a proba de coñecementos de lingua galega no procedemento selectivo.
ENLACE para participar