CADP Secundaria - Resolución definitiva


22 Set, 2017

 RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2017/18 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a quen resulta desprazado por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal opositor, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.  

  A toma de posesión non poderá supoñer interrupción na prestación de servizos para o profesorado interino con nomeamento en vigor sempre que sexa nomeado desde o inicio do curso 2017/18.    Non obstante o anterior, no caso das comisións de servizo, os efectos serán do día 15 de setembro de 2017, sen prexuízo de que as comisións de servizo do profesorado que proceda de fóra da Comunidade Autónoma e do procedente do estranxeiro teñan efectividade do 1 de setembro de 2017.

Para o persoal en prácticas e o persoal interino sen nomeamento en vigor, os efectos económicos e administrativos serán do día 15 de setembro de 2017.    Os nomeamentos serán remitidos ao seu enderezo de correo electrónico.    

Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2017/18 

 

 

170922_cadp_1509382510
adxudicacion_definitiva_secundaria_alfabetico
adxudicacion_definitiva_secundaria_especialidades-2-
instrucions