Corpo de Mestres - Novas habilitacións


07 Set, 2017

Xoves 07/09/2017 Recordamos que dende o 1 ata o 30 de setembro está aberto o prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar, a través do enderezo electrónico https://www.edu.xunta.es/datospersoais , o recoñecemento de nova especialidade.De acordo co preceptuado na orde do 10 de xaneiro de 2012 (DOG do 20 de xaneiro) o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real Decreto 1594/2011 do 4 de novembro, poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades no mes de setembro.