Currículos de títulos profesionais básicos


14 Ago, 2017

Luns 14/08/2017  CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 71/2017, do 24 de maio, polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos.  Luns 07/08/2017     DECRETO 71/2017, do 24 de maio, polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos.   Os currículos de formación profesional básica que se establecen son os que se relacionan a seguir, cuxas especificacións se describen nos anexos que se indican:– Anexo I: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Actividades de Panadaría e Pastelaría.– Anexo II: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios.– Anexo III: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Mantemento de Vivendas.– Anexo IV: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Fabricación de Elementos Metálicos.– Anexo V: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Instalacións Electrotécnicas e Mecánica.– Anexo VI: currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Mantemento de Embarcacións Deportivas e de Recreo.   Consonte o establecido no artigo 13 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos, os currículos establecidos neste decreto serán obxecto dun posterior desenvolvemento curricular, a través das programacións elaboradas para cada módulo profesional, de acordo coas especificacións para o resto da formación profesional.Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ás características do contorno socioprodutivo, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.