O profesorado tomará posesión no centro educativo. Os efectos da toma de posesión dos destinos adxudicados serán do 1 de setembro de 2017. Os nomeamentos serán remitidos ao seu enderezo de correo electrónico.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Adxudicación definitiva de destinos provisionais para o próximo curso académico 2017/2018 do persoal do corpo de mestres:
Instrucións para a toma de posesión
A partir do día seguinte a publicación da adxudicación definitiva no portal educativo ábrese o prazo para solicitar os intercambios provisionais de prazas e recordámoslle que o modelo oficial de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), segundo o establecido na Orde do 17 de xuño de 2017 (DOG nº. 124, do 30 de xuño)
Resolución provisional da adxudicación de destinos provisionais para o curso 2017/2018 do persoal docente do corpo de mestres:
Listaxe adxudicación provisional
Listaxe adxudicación provisional por orde alfabética
O prazo de reclamacións e renuncias será de tres días naturais, polo tanto remata o luns 31 de xullo e deberán enviarse, ademais de pola vía ordinaria, ao correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es